Acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores


22 Abr, 2025

DOGResolución do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

  • Prazo de inscrición

    • Nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, o prazo rematará o 16 de xuño de 2025.

    • Nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, o prazo rematará o 6 de xuño de 2025.

    • Nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño, o prazo rematará o 6 de xuño de 2025.

    • Nas ensinanzas artísticas superiores de Música, o prazo rematará o 23 de maio de 2025.

  • Solicitudes de inscrición:

    a) Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas 

    b) Esta solicitude de inscrición será única e vinculante para o curso 2025/26, sen posibilidade de modificación unha vez rematado o prazo de inscrición establecido na presente resolución.

  •  Formalización da solicitude de inscrición

    • Para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, as persoas solicitantes deberán dirixirse á secretaría do centro de ensinanzas artísticas superiores en que soliciten realizar a proba específica de acceso. As persoas solicitantes que opten pola quenda de acceso directo ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño deberán dirixirse ás secretarías dos centros sinalados na súa solicitude de inscrición como primeira opción para cursar estudos.

    • Para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música, as persoas solicitantes deberán dirixirse á secretaría do centro sinalado na súa solicitude de inscrición como primeira opción para cursar estudos.