WEB - O Congreso dos Deputados aprobou definitivamente, este xoves 23 de maio, a Lei pola que se regulan as Ensinanzas Artísticas Superiores
Con esta aprobación establécese a organización e equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais. A presente lei ten por obxecto a regulación das ensinanzas artísticas superiores, dos seus centros, do seu profesorado, así como o establecemento dos dereitos e deberes do estudantado.
A Lei homologa as ensinanzas artísticas superiores ao Espazo Europeo da Educación Superior, equiparándoas ás universitarias; e as ensinanzas artísticas profesionais ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, é dicir, ao novo sistema de Formación Profesional, abrindo tamén a posibilidade do recoñecemento e acreditación destas competencias aos traballadores do sector.
En canto ao profesorado dos centros públicos, a Lei favorece a súa actividade investigadora e a súa contribución á creación artística. Ademais, créanse novas ensinanzas, como as Audiovisuais, e confírese maior autonomía pedagóxica e organizativa aos centros, que poderán asociarse entre si para crear 'Campus das Artes'.
Así mesmo, establécense determinados aspectos relativos á organización e equivalencias dos ensinanzas artísticas profesionais ás que se refire a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
Trátase dunha Lei Básica que, como recoñece a propia ministra, precisa dun amplo desenvolvemento regulamentario.