• Noticia nova

A petición de ANPE, a administración xustificou por un atasco en intervención o impago de trienios e sexenios


04 Feb, 2025

WEB - ANPE solicita unha vez máis na Mesa Sectorial O PAGO INMEDIATO DE TRIENIOS E SEXENIOS aos docentes

A petición  de ANPE, a administración explicou que houbo un atasco en intervención co tema dos trienios e sexenios pero, aseguran que van crear un proceso para eliminar o atraso e esperan telo todo xestionado e ao día nun mes. INCREIBLE!!

Con todo, resulta difícil de crer que unha xustificación así se manteña tras un ano sen que os docentes reciban o que lles corresponde.

Esiximos o pago inmediato dos trienios e sexenios así como dos intereses xerados, sen máis demoras!.