RESUMO da Mesa Sectorial do PIALE


27 Xan, 2026

WEB - RESUMO COMPLETO da Mesa Sectorial coa orde que rexirá o Programa de linguas estranxeiras - PIALE

Aquí tes algúns dos nosos rogos nesa Mesa:

  • No artigo 3 consideramos que se deben incorporar ao profesorado de ensinanzas especiais, EOI, CMUS, PT e AL: A Administración resposta que así o fará e que incluirá a todo o profesorado. No artigo 17, demandamos que a certificación de horas de formación sexa maior das 50 horas
  • Atención á diversidade: Esiximos unha reestruturación profunda e integral das necesidades específicas de apoio educativo e da atención á diversidade, que levan anos sen adaptarse á realidade actual dos centros nin ás necesidades reais do alumnado e do profesorado.
  • ANPE    demanda unha revisión en profundidade do protocolo de alertas meteorolóxicas para que non sexa o equipo directivo dun centro o que determine se este abre ou non, tendo en conta ademais os desprazamentos do profesorado dende o seu domicilio ata o seu posto de traballo para determinar se deben acudir ou non. A este respecto, vimos de solicitar por rexistro, e agora o facemos aquí,  un permiso retribuido de 4 días por causas  meteorolóxicas adversas, que xa está incorporado no Estatuto dos traballadores e  falta asemellalo ao colectivo docente.
  • Denunciar  de novo  o atraso na percepción de trienios e sexenios  e  tamén   a     membros     de tribunais. Demandamos que se paguen os intereses de demora.
  • Conflictividade nas aulas: Alertamos do aumento preocupante da conflictividade nos centros educativos, incluso en Educación Primaria, con situacións de extrema gravidade que poñen de manifesto as limitacións da ensinanza ordinaria para dar resposta axeitada a todo o alumnado cos medios actuais. Non se pode obviar que, ante estas situacións, o profesorado atópase con frecuencia só e sen o apoio necesario. Esiximos accións firmes e inmediatas por parte da Administración, así como instrucións claras ao corpo de inspección que unifiquen criterios e garantan solucións eficaces ás queixas, cada vez máis habituais, do profesorado.
  • Oposicións: Urxe a convocatoria inmediata, co peche definitivo do número de prazas e das especialidades. O profesorado ten dereito a saber se a súa especialidade será convocada. A maioría das comunidades autónomas xa teñen as súas convocatorias pechadas.
  • Solicitamos que se poidan achegar documentos para datos persoais durante todo o ano, a norma así o di é non se está a cumplir, complicando a actualización        do  expediente do profesorado.