Matrícula nas ensinanzas das EOI para o curso 2024/25


06 Xun, 2024

WEBRESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.

>>  O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición, entre o 24 de xuño e o 5 de xullo.  Solicitudes: https://www.eoidigital.com/preinsxunta

>> A matrícula realizarase a través da ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:

  • Período de matrícula ordinaria: do 18 ao 28 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2023/24 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2024/25 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
  • Período de matrícula extraordinaria: do 28 de xuño ao 5 de xullo para o alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria; do 9 ao 19 de xullo para o alumnado de nova incorporación que obtivo praza no sorteo da preinscrición.

 >> Resolución co procedemento