>> As preinscricións realizaranse dende o 24 de xuño ata as 23.59 horas do 5 de xullo.
>> 6.1.1. Período de matrícula ordinaria.
Do 18 de xuño ata as 23.59 horas do 28 de xuño de 2024, para o alumnado oficial matriculado no curso 2023/24 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2024/25 e resulte apto na convocatoria ordinaria.
6.1.2. Período de matrícula extraordinaria.
a) O alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 28 de xuño e as 23.59 horas do 5 de xullo de 2024.
b) O alumnado de nova incorporación que obtivo praza no sorteo da preinscrición deberá matricularse entre o 9 e o 19 de xullo de 2024. A aplicación de matrícula pechará o día 19 de xullo ás 23.59 horas.