EOI - instrucións para preinscrición, admisión, matrícula e organización


30 Mai, 2024

DOG RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, a admisión, a matrícula e a organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.

>> As preinscricións realizaranse dende o 24 de xuño ata as 23.59 horas do 5 de xullo.

>> 6.1.1. Período de matrícula ordinaria.

Do 18 de xuño ata as 23.59 horas do 28 de xuño de 2024, para o alumnado oficial matriculado no curso 2023/24 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2024/25 e resulte apto na convocatoria ordinaria.

6.1.2. Período de matrícula extraordinaria.

a) O alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 28 de xuño e as 23.59 horas do 5 de xullo de 2024.

b) O alumnado de nova incorporación que obtivo praza no sorteo da preinscrición deberá matricularse entre o 9 e o 19 de xullo de 2024. A aplicación de matrícula pechará o día 19 de xullo ás 23.59 horas.