OPOSICIÓNS 2024 - Listaxes definitivas de admitidos/excluidos


10 Mai, 2024

WEBPublicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios 

>> O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

>> Anexo I: persoal aspirante admitido definitivamente Primaria

     Anexo I: persoal aspirante admitido definitivamente Secundaria

     Anexo II: persoal aspirante excluído definitivamente Primaria

     Anexo II: persoal aspirante excluído definitivamente Secundaria

 

- O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o ÚLTIMO EXPEDIENTE co código de procedemento ED001A/2024, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

- Para o caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

O dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 10 DE MAIO DE 2024 e especificar o corpo e especialidade.
No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse na súa carpeta cidadá (“A miña sede”) tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE.