Mutualistas de ensinanza primaria - solicitude de devolución IRPF na AEAT


14 Mar, 2024

WEB - Información para pensionistas que aboaron a mutualidade de ensinanza primaria e queren solicitar a devolución do IRPF .

A Axencia Tributaria (AEAT) habilitará a partir do 20 de marzo un sinxelo formulario para solicitar a devolución do IRPF por parte dos pensionistas que no seu día realizaron achegas ás mutualidades laborais. 

>> Non será necesario achegar á solicitude ningún tipo de documentación. A AEAT encargarase de solicitar da Seguridade Social, e do resto de organismos, a información necesaria sobre a vida laboral dos solicitantes. No caso de que coa información á que teña acceso a AEAT non sexa posible resolver unha solicitude concreta, requirirase dos interesados que acheguen a documentación necesaria.

>> Información e xestións para solicitar a devolución

1. Identificación electrónica para a presentación do formulario: Con referencia (mirando a casilla correspondente na última declaración da renda), Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico.

2. Nota informativa sobre as solicitudes de devolución para mutualistas.

3. Preguntas frecuentes sobre as solicitudes de devolución para mutualistas

4. Para máis información, contacta coa Axencia Tributaria