WEB - Convocatoria para auxiliares de conversa de español no estranxeiro para o curso 24/25.
>> Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Zelandia, Portugal, Reino Unido, Suecia, Suíza e Tailandia
>> Prazo de presentación ata o 19 de xaneiro ás 15 horas.
>> Destinatarios:
- Ser estudante de último curso durante o curso 2023-24 dunha das titulacións que se relacionan no Anexo I .Os solicitantes deben estar en condicións de obter unha titulación ao finalizar este curso académico, para iso deben estar matriculados de todos os créditos necesarios para finalizar os estudos.
- Obter unha das titulacións que se relacionan no Anexo I nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022 ou 2022-23.
- Obter unha das titulacións que se relacionan no Anexo I no curso académico 2018-2019 e ademais posuír ou estar a cursar un Máster Oficial de Ensino do Español como Lingua Estranxeira, Máster no ámbito da didáctica de linguas estranxeiras, ou Máster que habilita para o exercicio da función docente ou equivalente.
- Cumprir cos requisitos de cada país Anexo II.
Para calquera dúbida, contacta con ANPE