Móbiles nos centros de Traballo


14 Dec, 2023

 
As recentes declaracións da ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, nas que anunciou que se vai trasladar ás comunidades autónomas e ao Consello Escolar do Estado unha proposta destinada a regular ese uso, son á vez exemplo e consecuencia diso.
 
En ANPE sempre estivemos moi pendentes deste tema, como de calquera outra tendencia social que teña incidencia no sistema educativo. Nese sentido, lanzamos desde hai anos campañas para fomentar unha utilización racional e responsable do teléfono móbil nos centros:
 
A nosa postura está asentada e é clara. Pódese resumir nos seguintes puntos:
 
• É necesario establecer unha regulación de referencia, coordinada a nivel estatal e entre as diferentes CCAA sobre o protocolo relativo ao uso dos dispositivos móbiles nos centros educativos, establecendo unha norma que posibilite aos centros, no uso da súa autonomía pedagóxica e organizativa, regular o uso responsable dos móbiles, para evitar a súa utilización indiscriminada que poida chegar a xerar distraccións e deteriorar a convivencia no centro.
 
• Con carácter xeral, o uso dos móbiles non é axeitado dentro da aula, porque dificulta a práctica docente e xera distracción no alumnado. É necesario, por tanto, que se regule dalgunha forma a utilización destes dispositivos, como de feito estase facendo xa en moitos centros educativos.
 
• Doutra banda, non podemos perder de vista que existen usos pedagóxicos e, por tanto, positivos dos teléfonos móbiles. Hai determinados proxectos ou actividades incluídos na propia programación dos centros nos que o móbil se emprega como unha ferramenta máis de aprendizaxe, sempre de forma guiada polo docente, como se fai con outros dispositivos dixitais (tablets, por exemplo).
 
• A comunicación a través dos teléfonos móbiles é unha realidade social totalmente asentada. Desde ANPE lanzamos desde hai anos varias campañas para fomentar unha utilización racional e responsable do teléfono móbil, baixo a premisa de que o sistema educativo, contribúe, entre outras cuestións, na instrución e formación sobre o bo uso dunha ferramenta que se utiliza en todos os ámbitos da vida, tanto persoal, social e mesmo no mundo laboral ao que o alumnado se incorporará algún día.
 
• A responsabilidade sobre o uso adecuado e responsable do teléfono móbil non ha de recaer de forma exclusiva nos centros educativos. Require da implicación da comunidade educativa e administracións, en definitiva, da implicación das familias e da sociedade en xeral.