>> A persoa coordinadora de benestar e convivencia será designada pola dirección do centro de entre o profesorado do claustro, preferentemente con destino definitivo, por un período de dous anos, priorizando a súa formación específica, a experiencia, o interese e a dispoñibilidade horaria.
>> Nos centros públicos a dirección do centro, dependendo da dispoñibilidade horaria e das características e do tamaño do centro, poderá asignar ata un máximo de dúas sesións lectivas e dúas sesións das complementarias fixas á coordinadora ou coordinador de be- nestar e convivencia para a realización das funcións recollidas no artigo 3.
ESTA É A IMPORTANCIA QUE LLE DA A ADMINISTRACIÓN A ESTA FIGURA, coma sempre, MAIS FUNCIÓNS, MÁIS TRABALLO pero, SEN PROFESORADO E SEN HORAS SUFICIENTES. Non se recolleron as demandas de ANPE a este respecto na mesa sectorial, a Administración perde en Galicia a oportunidade de desenvolver en profundidade esta figura, que supón unha labor fundamental para facilitar o benestar emocional e a saúde mental do noso alumnado.