Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas para persoas adultas


23 Ago, 2023

DOGRESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023/24.

Será de aplicación en todos os centros EPA da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e nos institutos de educación secundaria autorizados que impartan ensinanzas para persoas adultas.

  • Niveis I e II da etapa das ensinanzas básicas iniciais: modalidades presencial e semi-presencial.
  • Educación secundaria para persoas adultas: modalidades presencial, semipresencial e a distancia.

  • Bacharelato nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia.

  • Castelán e galego para inmigrantes.

  • Preparación para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

  • Actividades non regradas de carácter profesionalizante, de formación sociocultural e de desenvolvemento persoal e comunitario.

  • Aula Mentor.