Funcionarios PTFP - Recoñecemento de especialidades integradas


12 Xul, 2023

WEB - Resolución do 12 de xullo de 2023 da Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se recoñece a titularidade de especialidades integradas no corpo de profesores de ensino secundario e no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, ao persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, do corpo de profesores técnicos de formación profesional que se integra no corpo de profesores de ensino secundario e ao profesorado que estaba en situación de excedencia neste corpo.

 

>> Resolución do 12 de xullo de 2023 recoñecemento de especialidade.

>> Prazo do 13 de xullo ao 14 de agosto para presentar recurso de reposición obrigatoriamente por medios electrónicos cubrindo unha solicitude xenérica: LIGAZÓN.

- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO RELACIONADO: Recurso de reposición contra a resolución do 12 de xullo de 2023 recoñecemento de especialidade con especificación do anexo

- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.