Incorporación de alumnado con NEE ás ensinanzas elementais no CMUS Coruña


09 Nov, 2022

DOG - ORDE do 25 de outubro de 2022 pola que se autoriza, con carácter experimental, un proxecto inclusivo para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

O obxecto da presente orde é autorizar, con carácter experimental, a realización dun proxecto inclusivo para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais aos estudos elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coru- ña, a partir do curso académico 2022/23.

Este proxecto terá o carácter de innovación educativa para os efectos de recoñece- mento do profesorado participante nel polo número de horas dedicadas a esta función, de acordo coa lexislación vixente.