Prórroga do proxecto experimental alumnos con NEE no CMUS profesional da Coruña


24 Dec, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, de prórroga do proxecto experimental para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

Mediante a Orde do 16 de decembro de 2011 (DOG do 26 de decembro), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2013 (DOG do 21 de xuño), autorizouse a posta en marcha, con carácter experimental, dun proxecto para a incorporación de alumnado con necesidades educativas especiais ás ensinanzas elementais de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

Con data do 7 de setembro de 2020, a Dirección do Conservatorio Profesional de Música da Coruña presentou unha nova solicitude de renovación ante esta secretaría xeral.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.