Procedemento para a integración dos PTFP ao corpo de PES


09 Nov, 2022

DOG - ORDE do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A).

>> O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, (do 10 de novembro ao 9 de decembro). 

>> SOLICITUDES (anexo I) obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED021A). >>> LIGAZÓN para participar

>> REQUISITOS:

  • Ser funcionario de carreira con definitivo ou en expectativa en Galicia.
  • Posuir unha das titulacións universitarias de grao, doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura , diplomatura universitaria, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica.

Os efectos da integración serán do 19 de xaneiro de 2021, para aquelas persoas funcionarias que cumpran as condicións  a esa data.

 Para o persoal funcionario que só cumprise as ditas condicións con posterioridade ao 19 de xaneiro de 2021, os efectos retrotraeranse exclusivamente ao momento en que se cumprisen. Para estes casos, entenderase como data de cumprimento das condicións relativas á titulación a de solicitude de expedición dos títulos académicos.

Recoñecemento do dereito unha vez resolta esta convocatoria de integración - A solicitude do recoñecemento deste dereito só poderá efectuala este persoal ata o 19 de xaneiro de 2026.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para aclaracións, dúbidas ou axuda contacta con nós nas diferentes sedes provinciais.

1- Desde ANPE demandamos a equiparación retributiva de TODO o persoal docente da Formación Profesional. Un complemento retributivo compensatorio para todo o persoal que, por carecer de titulación, non poida integrarse no corpo de PES.

2. ANPE solicita unha solución para que se compute a efectos retributivos no corpo de PES o ano de prácticas dos que superaron procesos selectivos no corpo de PTFP no ano 21/22,

3.  ANPE  esixe unha oferta de licenzas de formación para que o persoal poida rematar os estudos correspondentes para a obtención dunha titulación superior, tendo en conta que o prazo para poder presentar titulación superior de cara a integración remata no ano 2026.