VIDEOTITORIAL de ANPE GALICIA sobre a APLICACIÓN PROENS


22 Set, 2022

WEBVIDEOTITORIAL ANPE GALICIA - APLICACIÓN PROENS

Os pasados días 5 e 6 de setembro de 2022, ANPE Galicia celebrou unhas xornadas formativas telemáticas sobre o uso da aplicación informática PROENS para a elaboración das programacións didácticas. Deste xeito, ANPE Galicia anticipouse á propia Administración Educativa na cobertura dunha necesidade que o profesorado galego demandaba.
Como ben sabedes, este curso, é obrigatorio o uso de dita aplicación para a elaboración das programacións didácticas de todas as áreas e materias de todos os cursos impares en todas as etapas educativas.
As xornadas tiveron un gran éxito de participación e foron gravadas en vídeo para a súa difusión entre a nosa afiliación e entre todas as persoas asistentes ás mesmas. 
Tendo en conta o impacto que está a ter a implantación da aplicación PROENS neste comezo de curso, desde ANPE Galicia, e atendendo á necesidade de cubrir as necesidades formativas básicas de todo o profesorado galego e á nosa vocación de servizo para co mesmo, optamos por poñer a disposición de todo o profesorado galego que así o desexe as gravacións das dúas sesións de xornadas.
Se desexas poder visualizar os vídeos coas gravacións e ter acceso ao documento utilizado polo relator soamente terás que solicítalo a ANPE Galicia cubrindo o documento e farémoscho chegar ao teu mail:  LIGAZÓN ao Documento
 

Agardamos que vos sexa de utilidade a todos e todas vós!!!

#AnpeContigo