O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional é o comprendido entre os días 28 e 29 de xullo de 2022, ambos incluídos.
- Adxudicación provisional alfabética (secundaria)
- Adxudicación provisional por orde de adxudicación (secundaria)
- Resolución provisional
As reclamacións á resolución provisional do concurso formularanse, de conformidade coas instrucións que figuran na páxina de inicio de CADP, en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse, de conformidade coas instrucións que figuran na páxina de inicio de CADP.
As instrucións para formular correctamente tanto as ditas reclamacións como as ditas renuncias estarán dispoñibles na páxina de inicio de CADP (https://www.edu.xunta.gal/cadp/) a partir de mañá, día 28 de xullo de 2022.
A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é o 2 de agosto de 2022.