CADP 2024 - Vacantes provisionais corpo de Mestres


26 Xul, 2024

WEB - Vacantes provisionais por provincias para cubrir no Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais (CADP) para o curso 24_25

Estas son as vacantes provisionais remitidas polas Xefaturas de Inspección provinciais para negociar nas reunións do vindeiro martes antes de que saia a resolución definitiva o 2 de agosto. 

Dende ANPE criticamos o proceder da Consellería co envío das vacantes xusto antes da resolución provisional sen que houbera unha negociación previa cos representantes do profesorado nas distintas provincias pero, asistiremos ás reunións convocadas para o vindeiro martes, para trasladar todas as nosas alegacións máis as que se nos trasladaron dende os centros educativos así como as que poidas aportar nestes días e poremos todo da nosa parte para que se cumpra o recollido no Acordo de melloras. 

Se tes algunha alegación xustificada, podes enviala antes do vindeiro martes ao correo electrónico de  ANPE en cada provincia:

>>  Vacantes mestres A CORUÑA. acoruna@anpe.es

>> Vacantes mestres LUGO. lugo@anpe.es

>> Vacantes mestres OURENSE. ourense@anpe.es

>> Vacantes mestres PONTEVEDERA. pontevedra@anpe.es