- Será de aplicación en todos os centros EPA da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e nos institutos de educación secundaria que impartan ensinanzas para persoas adultas.
- Son ensinanzas para persoas adultas as seguintes:
• Niveis I e II da etapa das ensinanzas básicas iniciais.
• Educación secundaria para persoas adultas: modalidades presencial e a distancia.
• Bacharelato nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia.
• Castelán e galego para inmigrantes.
• Preparación para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.
• Actividades non regradas de carácter profesionalizante, de formación sociocultural e de desenvolvemento persoal e comunitario.
• Aula Mentor.