WEB - RESUMO COMPLETO do tratado na Mesa Sectorial Anteproxecto do Decreto de Educación Primaria
Extracto de ROGOS e PREGUNTAS:
- ANPE Galicia pregunta cando vai a pasar pola Mesa a Orde do Calendario Escolar. A Administración resposta que é inminente.
- ANPE Galicia demanda coñecer como está a situación dos novos ROC. Os ROC están moi avanzados e a pretensión da Consellería é traelos este curso (aínda que non serían de aplicación para o vindeiro curso). De todos os xeitos a prioridade agora mesmo son os currículos.
- ANPE pregunta sobre os prazos extraordinarios de matrícula nos ciclos formativos en relación ao adianto da publicación da resolución definitiva do CADP. Ao non haber exames de setembro o procedemento de matrícula adiantarase tamén xa que despois de coñecer as notas finais (a finais do mes de xuño) poderán iniciarse os trámites.
- ANPE demanda a restitución dos gastos por asistencia a actividades de formación.
- ANPE pregunta sobre as convocatorias que están pendentes de negociar: asesorías, etc. Irán pasando pola Mesa Sectorial.
- ANPE pregunta sobre a situación do protocolo e a figura do coordinador contra o Acoso e Violencia Escolar que debe estar en funcionamento o curso que ven segundo recolle a Lei de Protección da infancia. A Administración xa está traballando para contemplar esta figura.
20/04/2022 - Convocatoria de Mesa Sectorial: Anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, que será tratado na Mesa sectorial docente non universitaria.
>>> Calquera ACHEGA será benvida ao noso correo electrónico galicia@anpe.es
ANPE critica unha vez máis o proceder desta consellería na achega de documentación para tratar nas mesas de negociación: primeiro prensa e despois os representantes do profesorado.