A enquisa amosa que:
Non se facilita unha máscara de protección a diario.
Nas aulas pásase frío.
Non hai medidores de CO2 en case ningún centro e nos que os hai non alcanzan a todas as aulas.
ANPE Galicia acaba de realizar unha enquisa ao profesorado para coñecer o estado actual das aulas en Galicia e como se está afrontando a COVID tras o parón do Nadal.
As conclusións confirman as deficiencias que ANPE Galicia leva tempo denunciando: a inmensa maioría dos docentes que contestaron a enquisa afirman que nos centros educativos pásase frío, que non se facilita unha máscara de protección a diario (ou o número suficiente para un período de tempo), que non hai medidores de CO2 na maioría dos centros e, naqueles onde si os hai, non alcanzan a todas as aulas.
Na enquisa participaron profesores e profesoras de centros educativos públicos de toda a Comunidade: o 23,4% de zona rural, o 35,8% de vilas e o 40,8% das 7 grandes cidades galegas. A participación abarca a docentes de todas as ensinanzas: Mestres/as, secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial.