A Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP pode ser obxecto de cofinanciamento polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, e pola Unión Europea-NextGenerationEU no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
A rede estará constituída por todos os centros integrados de formación profesional (CIFP) e os outros institutos de educación secundaria (IES) que forman parte de REGADual no momento de publicación desta resolución.
4. Cada centro incluído na Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP contará cunha persoa responsable da dinamización da relación con empresas.
5. Esta rede actuará como punto de atención ao empresariado e establecerá unha canle de comunicación directa entre administracións, centros educativos e empresas.
A dirección de cada centro educativo proporalle á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional unha persoa de entre o profesorado do centro que, con carácter xeral, teña destino definitivo, para o desenvolvemento das funcións de responsable da dinamización da relación con empresas.
2. A persoa responsable da dinamización da relación con empresas terá dedicación completa e exclusiva para o desenvolvemento das súas funcións.
3. Cada nomeamento da persoa responsable da dinamización da relación con empresas determinará os períodos de desenvolvemento das súas funcións.