3º PUNTO DA ORDE DO DÍA: ROGOS E PREGUNTAS.
- Solicitamos información sobre se a Consellería trasladou ás Xefaturas Terriotorias os cupos de profesorado de primaria e secundaria se realmente se traballou por cupos e a variación que puido haber con respecto ao curso pasado. A Consellería confirma que os cupos están enviados ás Xefaturas Territoriais.
- Solicitamos información tamén sobre como deben proceder para a petición de prazas no CADP os aspirantes que superaron os procesos selectivos en varias especialidades do mesmo corpo. A Administración informa que, polo momento, hai 3 casos (dúas persoas que aprobaron distintas especialidades do mesmo corpo e unha que aprobou en corpos diferentes). No caso de especialidades do mesmo corpo a Administración está informando de que pidan por unha delas (no caso de que pidan polas dúas adxudicárase por código de especialidade). Cando superen a fase de prácticas e sexan nomeadas funcionarios de carreira a Administración terá que valorar xurídicamente se a poden habilitar na outra especialidade.
- Demandamos que se estableza, como o ano pasado, o reparto das prazas desertas de certos tribunais entre os restantes tribunais. A Administración indica que se fará cando remate todo o proceso como recolle a Orde de Convocatoria.
- Demandamos tamén certa flexibilidade no prazo de dous días para que os aspirantes que superaron os procesos selectivos poidan cubrir o CADP. A Administración resposta que non haberá problemas.
- Demandamos tamén un criterio uniforme que permita aos opositores a revisión dos exames da oposición. Hai tribunais que non o están permitindo e outros, que debemos felicitar, que permiten aos aspirantes ver o seu exame, teñen colgadas as preguntas e as respostas e as rúbricas. A Administración indica que a orde de convocatoria recolle que os tribunais deben publicar as probas prácticas e as rúbricas da segunda proba.
- Solicitamos información sobre cando está previsto a convocatoria de prazas de atención preferente e de prazas sometidas a convenio. A Administración resposta que tentarán de que se celebren esta semana aínda que dubidan que sexa posible.