Convocatoria por libre designación das Direccións dos CIFP


02 Xun, 2021

DOGORDE do 25 de maio de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.

Para participar nesta convocatoria deberanse reunir os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Estar en situación de servizo activo.

c) Ter unha antigüidade de, polo menos, tres anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.

 Solicitudes

A solicitude de participación nesta convocatoria dirixirase á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e presentarase no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nos seus departamentos territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

 Documentación

Os/as aspirantes deberán xuntar á petición un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.Non se terán que presentar aqueles documentos xustificativos de méritos alegados e xa achegados polos concursantes para completaren o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.