Convocatoria probas de acceso para Ensinanzas Deportivas


14 Mai, 2021

DOG - RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/22.

25/05/2021 - DOG CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/22.

1. A inscrición para realizar as probas farase nas secretarías dos centros que se relacionan no anexo V, preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian a realizar as probas de carácter específico.

2. O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 2 de xullo de 2021

A relación provisional de persoas inscritas será exposta o día 8 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal, indicando expresamente as persoas con méritos deportivos (na modalidade de baloncesto), as declaradas exentas de realizar a proba específica na modalidade correspondente, as persoas con probas adaptadas (coas siglas PAC), así como as persoas excluídas nestas probas e os motivos da súa exclusión.

4. Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisionais a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude ata o día 12 de xullo. Unha vez resoltas ditas alegacións, os centros enviarán ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, a través do enderezo electrónico xsereap@edu.xunta.gal, a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

5. A relación definitiva de persoas inscritas será exposta o día 15 de xullo nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal.

1. As probas de madureza de grao medio e grao superior para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terán lugar o día 7 de setembro das 9.00 ás 13.00 horas no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela, segundo o establecido nos anexos I e II desta resolución.

2. As probas de acceso de grao medio de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas, realizaranse:

a) Na modalidade de fútbol sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 8 de setembro, ás 10.00 horas.

b) Na modalidade de fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 9 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 13 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.

c) Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 13 de setembro, ás 10.00 horas.

d) Na modalidade de baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 10.00 horas.

e) Na modalidade de vela terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

f) Na modalidade de atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 15 de setembro, ás 10.00 horas.