1.6. Asignación de prazas aos tribunais.
3.4. Obriga de participación
....o persoal docente que consolidou o posto nunha lista para prestar servizos como persoal docente interino ou substituto en calquera especialidade dos distintos corpos non estará obrigado a participar no procedemento selectivo para ingreso na función pública docente que se celebre no ano 2021.
...A proba de acreditación do coñecemento do castelán terá lugar o día 22 de maio de 2021, ás 17.00 horas, na sede ou sedes que determine a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na resolución.
... A proba de galego que se le levará a cabo de forma escrita, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo V e nunha tradución do castelán para o galego terá lugar o día 22 de maio de 2021, ás 18.00 horas, na sede ou sedes que determine a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na resolución.
10.1. Comezo.
O procedemento selectivo dará comezo coa realización da primeira parte da primeira proba os días 19, 20, 23, 24 e 25 de xuño de 2021 segundo a especialidade e tribunal polo que se participe.
Os tribunais con anterioridade ao comezo da primeira proba publicarán na páxina web www.edu.xunta.gal/oposicions as instrucións e indicacións que consideren precisas para o mellor desenvolvemento do proceso selectivo.
Aquelas persoas aspirantes que non poidan realizar a primeira proba nas datas esta-blecidas no parágrafo anterior por razóns de maternidade ou por estaren cumprindo unha medida de illamento ou corentena por ser persoa infectada por COVID-19 ou contacto es-treito poderán realizala o día 10 de xullo de 2021 e comunicaranlle ao tribunal a que estean asignadas a súa situación de illamento ou corentena nun prazo máximo de 48 horas con-tado a partir da finalización da primeira proba da especialidade pola que participan. Xunto coa dita comunicación deberán achegar o certificado do facultativo de atención primaria que acredite esta situación.
10.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.gal/oposicions para a realización de ser o caso, da proba de acreditación do coñecemento do castelán, da proba de coñece-mentos da lingua galega, da primeira parte da proba do corpo de inspectores de educación prevista na base décimo segunda, das dúas partes que integran a primeira proba prevista na base décimo terceira e seguintes desta convocatoria, con cinco días hábiles de antela-ción, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos.
Disposición derradeira primeira. RecursosDe conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.