ANPE segue a xestionar coa administración o teletraballo do profesorado e a inclusión da FP


26 Xan, 2021

WEB - ANPE intenta conseguir que se aplique a ensinanza non presencial con coherencia e tendo en conta realidades similares

Tras a reunión informativa mantida onte co Conselleiro,Secretarios e Director Xeral na que se nos informou da ensinanza no presencial en EOIs e Conservatorios.

Dende ANPE solicitamos que, por unha banda se incluiran o resto de ensinanzas especiais e FP con realidades similares en canto a poder reducir a mobilidade e, por outra banda, preguntamos específicamente que se nos aclarara se o profesorado tamén teletraballaría. O secretario xeral de educación así o fixo aclarando que era decisión do profesorado impartir a ensinanza non presencial dende o propio centro o desde o seu domicilio. 

Ante as reiteradas queixas do profesorado afectado de que eso non era o que se lles estaba a dicir nos centros, e unha vez trasladado aos responsables da Consellería, parece que está en vías de solución, coma sempre dicimos: INSTRUCIÓNS CLARAS E PRECISAS QUE NON DEN LUGAR A INTERPRETACIÓNS.

Polo que se refiere a ampliación da ensinanza non presencial, xa incluiron as Escolas de Arte e deseño:

«De aí que se tomarán medidas específicas para o ámbito universitario e as ensinanzas de réxime especial (Escolas Oficiais de Idiomas, conservatorios, e escolas de arte, danza e deseño), que son precisamente as que, pola súa distribución xeográfica no territorio, implican máis desprazamentos; mentres que se mantén a actividade ordinaria no resto dos centros educativos.» segundo informa a Consellería na súa web.

Seguiremos insistindo, como fixemos onte, en que deberían adoptarse medidas similares para os ciclos de FP que comparten moitas similitudes cos centros afectados polas novas medidas.