A Consellería informa da volta ao ensino non presencial nas EOI e Conservatorios


25 Xan, 2021

WEB - O Conselleiro informou ás organizacións sindicais nunha reunión exprés esta tarde da volta ao ensino non presencial das ensinanzas de réxime especial: EOIs e Conservatorios.

Na tarde de hoxe, 25 de xaneiro asistimos a unha reunión virtual cos dirixentes da Consellería de Educación na que se nos trasladaron as medidas educativas que se van por en marcha ante o avance da pandemia na comunidade. Básicamente:

 - Mentras que o ensino universitario non voltará ás aulas ata o 17 de febreiro principalmente para reducir a mobilidade, no ensino non universitario, so as EOI e todos os Conservatorios incluido o de danza voltan ao ensino non presencial dende o mércores ata o 17 de febreiro: alumnado e profesorado ( con respecto ao profesorado, aclarado por o secretario xeral de educación ante unha pregunta de Julio Díaz). Neste punto ante a petición de ANPE e o resto de OOSS que esta medida debería ser, por lóxica, de aplicación  ao resto de ensinanzas superiores non souberon aclarar se sería así polo que, haberá que esperar a publicación do decreto no DOG.

-  O alumnado de FP e Bacharelato que remate as clases mais aló do toque de queda, disporá de autorizacións facilitadas polo centro. (Dende ANPE insistimos que nestos centros tamén entra a variable da mobilidade e non a tiveron en conta)

- Dende ANPE somos firmes partidarios da ensinanza presencial, pero non por riba da saúde. En ningún momento se falou do profesorado, onde está ese permiso para aquel profesorado que tamén ten que conciliar e quedarse ao coidado dos fillos/as en corentena?  Porque voltamos a recordar que é un deber inexcusable. 

- Pedimos un Plan de vacinación para o profesorado, comenzando polo persoal vulnerable
- Demandamos un diálogo fluido coa administración mantendo reunións informativas para intentar consensuar medidas de actuación.
- Dotación de medios axeitados a todos os centros porque siguen faltando medios. Se o conselleiro recoñeceu que estamos nun momento moi complicado, deberíase repartir a todo o profesorado máscaras FPP2 así como as específicas para o profesorado de certas especialidades.

Estamos nun momento moi crítico e, parece ser, que para a administración a conciliación está por riba da coherencia e do sentido común, a conciliación das familias non a do profesorado.

Sabemos que ainda así, o profesorado e o alumnado van cumprir. E a administración?