OPOSICIÓNS 2020 - próxima publicación no DOG da ampliación de matrícula para PTFP


24 Xan, 2021

WEB A Xunta publicará mañá, día 25 de xaneiro, a Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a convocatoria dos procedementos selectivos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, coa finalidade de abrir de novo o prazo para que as persoas interesadas se poidan inscribir nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 15 de febreiro.

Non terán que realizar unha nova solicitude aquelas persoas que a fixeran no prazo do 1 de xuño ao 19 de xuño de 2020.

En calquera caso, se as persoas xa inscritas desexasen modificar a quenda de ingreso, a exención da proba de coñecementos da lingua galega ou outra circunstancia, poderán efectualo mediante a formalización dunha nova solicitude que anulará a anterior, sen necesidade de que efectúen un novo pagamento das taxas.