WEB - Ante as múltiples queixas presentadas por ANPE e resto de OOSS así como, diversos colectivos e ANPAS, a Xunta suspende o proceso de contrato de transporte escolar.
As protestas producíronse en toda Galicia e, con mais intensidade na provincia de Lugo manifestouse un total rexeitamento ante o ataque continuo da Consellería ao ensino público, pretendendo desta volta o peche do CEIP de Baamonde (o que suporía unha alteración total na vida do seu profesorado e alumnado).
Asimesmo, no CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel a Consellería pretendía rediseñar as rutas de transporte escolar, o que implica que estas sexan moito máis longas, co prexuízo que isto supón para o alumnado.