Mesa Sectorial - resumo ampliación oferta de emprego público


16 Dec, 2020

WEB - RESUMO DA MESA SECTORIAL coa ampliación da OEP

Dende ANPE criticamos todo o proceso de tramitación parlamentaria da LOMLOE no referido á integración do Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional no corpo de PES e a falta de pronunciamento oficial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia ao respecto.

Valoramos o aumento da Oferta de Emprego Público, pero consideramos que non soluciona o problema de máis de 10 especialidades do corpo de PTFP onde hai un gran número de profesorado especialista que non ten titulación de grao ou equivalente ou diplomatura e, polo tanto, non  vai poder optar a estas novas prazas. A non oferta das 240 prazas que se propoñen, suporía a renuncia do 10% algo que, para ANPE Galicia sería inadmisible xa que, desde sempre, a nosa Organización Sindical considera que amplas ofertas de emprego público son a mellor opción para conseguir a estabilización do profesorado (...)

Para ANPE, a futura LOMLOE debería incluír o compromiso da INTEGRACIÓN DE TODO O PROFESORADO no grupo A1, a reconfiguración dos actuais corpos docentes e, no marco normativo dun Estatuto da función pública docente regular, ademais, o ingreso e acceso duns corpos docentes a outros, unha verdadeira carreira profesional, ademais de regular e consolidar por Lei un sistema de xubilación anticipada para o profesorado. En resumo, a postura de ANPE a nivel nacional é clara: aposta non por un corpo único senón por un único grupo funcionarial docente A1, diferentes corpos dentro dese mesmo grupo funcionarial.