ANPE esixe a convocatoria urxente dunha mesa sectorial ante as últimas instrucións


01 Dec, 2020

WEBANPE esixe a convocatoria urxente dunha Mesa Sectorial polo recollido nas últimas instrucións publicadas na web da Consellería

A resolución do 30 de novembro publicada hoxe no portal educativo establece no seu artigo 5 a creación dos Equipos de atención virtual ao alumnado (AVA) formado por profesorado nomeado directamente polas Xefaturas Territoriais.

ANPE Galicia considera inadmisible que non se coñezan criterios para o nomeamento deste profesorado e esixe a convocatoria urxente da Mesa Sectorial para tratar este punto.