OPOSICIÓNS 2019 - nomeamento de funcionario/as en prácticas por aprazamento


11 Nov, 2020

DOG ORDE do 30 de outubro de 2020 pola que se nomean funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso a corpos docentes convocados na Comunidade Autónoma de Galicia pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Cuarto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións de persoal funcionario en prácticas.

Quinto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, poderá formular opción pola percepción de las remuneracións en canto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Na falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.