Convocados a unha videoxuntanza urxente coa Secretaría Xeral - adiado o inicio de curso


11 Set, 2020

WEB - ÚLTIMA HORA -  A SECRETARÍA XERAL ACABA DE CONVOCARNOS TELEFÓNICAMENTE PARA UNHA VIDEOXUNTAZA DE URXENTE ÁS 11 DA MAÑÁ.

Dende a Consellería anunciaron o adiamento do inicio de curso nos centros de secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial ata o día 23 de setembro.

ANPE tras os acontecementos de onte, xa esixira rotundamente o adiamento do comezo de curso na reunión do Consello Escolar de Galicia.

A 6 días do comenzo de curso, a Consellería volve liala ao introducir a última hora as mamparas:  esto significa botar abaixo o traballo inxente realizado polos equipos directivos e profesorado dos centros cando en realidade non quere por mais profesorado. Para que entón os 93 millóns de euros?

ANPE INSISTE EN QUE AS GARANTÍAS DE SEGURIDADE PASAN EN CALQUERA CASO POR MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE DE 1,5 METROS E QUE PARA ISO É NECESARIO ESTABLECER DESDOBRES E CONTRATAR PROFESORADO. AS MAMPARAS, SEN DISTANCIA DE SEGURIDADE NON SON A SOLUCIÓN!!!
Esiximos tamén a publicación inmediata do CADP e que todo o profesorado interino nomeado teña contrato desde o día 16 de setembro.

De non ser atendida a nosa demanda emprenderemos accións legais contra a Consellería de Educación ante a Inspección de Traballo ao entender que non se están garantindo as condicións para comezar o curso en ditas etapas coa debida seguridade.