NP - ENFERMERIA ESCOLAR EN CONTEXTO DE PANDEMIA POR SARS-COV-2
Colectivos sanitarios, do sector educativo, asociacións de enfermos e asociacións de nais e pais, defenden de novo a NECESIDADE de CONTAR cun Enfermeir@ Escolar nos centros educativos de Galicia.
A cidadanía galega manifestou no 2019 o seu apoio con preto 33.000 sinaturas, en formato papel, á Proposición Non de Lei de iniciativa civil para Recoñecemento e Regulación da Figura da Enfermería Escolar en Galicia, que foi rexeitada ao non contar co apoio da maoiría parlamentaria. Nun escenario prePandemia xa sabíamos das necesidades dos colexios galegos para poder atender aos nenos galegos con necesidades sanitarias afectos dalgunha enfermidade (asma, epilepsia, diabetes, TDH, Autismo etc) así coma dos beneficios de poder engadir a educación sanitaria na Escola.
A Enfermería Escolar é un perfil profesional necesario e recoñecido en múltiples países dentro da UE (Francia, Suecia, Inglaterra) e fóra dela, coma en EEUU. A nivel estatal non existe unha regulación uniforme desta figura, observándose unha clara desigualdade entre as diferentes Comunidades: Madrid, Valencia, Estremadura e Murcia contan con enfermeiros nas súas escolas; outras como Andalucía, Canarias e Castela e León xa recoñecen esta figura.
Na actualidades é sabido a preocupación das familias de cara ao inicio do curso escolar, o Protocolo da Xunta para a Reactivación no Ambito InfantoXuvenil en relación coa Infección polo virus SARS-Cov 2, determina as medidas a levar a cabo en tres pilares: Vixilancia, prevención e control. Todo elo recae sobre e Equipo Covid do centro formado polo director do centro, ou persoa na que él delegue, e outros dous profesores, salvo en centros con menos de 6 unidades que pode formarse só polo director.
O equipo docente de novo, ten que facerse cargo de labores ás que non está afeito nin debidamente formado, un enfermeir@ escolar permite dar unha resposta axeitada neste contexto de Pandemia, permitindo facer unha Educación Sanitaria e labor asistencial de calidade. As labores no contexto de Pandemia son moi numerosas: detección de síntomas, debido illamento dos posibles casos, uso correcto dos EPIs, formación constante do profesorado, alumnado e familias, educación sanitaria (hixiene de mans, hixiene respiratoria..) e avaliación das melloras neste sentido, correcta desinfección e xestión de residuos etc
Por unha educación segura e de calidade, para evitar o agravio comparativo de que a nosa comunidade autónoma sega sen contar con estes profesionais sanitarios, os colectivos:
Colexio de Enfermería de Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, SATSE, AMECE Galicia, ACEESE Galicia, FEGADI, UGADE, Fedarición Autismo Galicia, ADAHPO, Asociación Bicos de Papel, AEPOCS, CONFAPA Galicia, FECAPA Santiago, FOANPAS, ANPE, SNEP e Escolas Católicas, solicitan de novo as Consellerías competentes en Educación e Sanidade que incorporen estos profesionais para dar resposta a situación de emerxencia sanitaria na que nos atopamos e para o correcto coidado tódolos dos nenos galegos. Por elo apoiamos a campaña nacional #alcoleconenfermera e lanzamos a campaña nas Redes Sociais UNHA VOLTA SEGURA ENFERMERIA ESCOLAR.