ANPE fai unha valoración dos documentos presentados


27 Ago, 2020

WEBDesde ANPE GALICIA facemos unha valoración dispar dos dous documentos tratados hoxe na Mesa Sectorial de Educación

Do primeiro documento sobre as medidas sanitarias valoramos positivamente as medidas sanitarias implementadas como pode ser a máscara obrigatoria, os grupos burbulla só ata o primeiro ciclo de primaria, o lavado de mans, a distancia de seguridade recomendada e outros máis pero, preocúpanos a permanencia nas aulas do grupo de alumnos mentres non se certifica o positivo dos alumnos dubidosos, a cobertura ao profesorado de risco que terá que ir igualmente aos centros, os alumnos de educación especial, os alumnos de risco...

Quedamos á espera de que estas medidas sexan complementadas polo goberno galego escoitando as aportacións dos axentes implicados.

Onde ANPE presenta unha clara disconformidade e unha certa decepción é nas medidas educativas onde o Ministerio se inhibe das súas obrigacións e deixa ao azar das comunidades a maioría das medidas para implantar coa posibilidade de 17 solucións distintas. Nada do que importa quedou definido: aumento de profesorado, diminución de ratios, cobertura de baixas e medidas para o profesorado de risco, non sendo suficiente a coordinación con riscos laborais que o documento propón.

Esperemos que a Consellería de Educación e o Goberno Galego modifiquen o borrador rexeitado por todas as OOSS e por outros axentes implicados como pais, asociacións, colectivos educativos e sociais xerando un rexeitamento total.

Insistimos: MELLÓRESE profundamente para que o día 7, ainda que tarde para a organización dos centros, preséntesenos un protocolo que garanta sanitaria e educativamente o inicio de curso sen riscos e con garantías.

Desde ANPE GALICIA pedimos unha verdadeira coordinación e diálogo entre tod@s para "remar" á vez e na mellor dirección. Estaremos vixiantes e non descartaremos exercer medidas de presión e legais que garantan a seguridade do noso alumnado e a nosa propia xa que como docentes temos dereito a exercer o noso traballo nunha contorna de total seguridade como calquera outro profesional.