ANPE insiste na coordinación e criterios comúns entre o Ministerio e as CCAA


20 Ago, 2020

NP - ANPE insiste na coordinación e criterios comúns entre o Ministerio e as Comunidades Autónomas antes do inicio de curso.

Ante as constantes "idas e vidas" por parte do Ministerio e a propia Consellería de Educación e a falta de previsións concretas para o inicio do curso escolar 2020/2021,

ANPE demanda con urxencia un protocolo común e consensuado de actuacións a nivel de todo o estado, protocolo adaptado ás especificidades de comunidades, centros e os distintos entornos educativos pero deben esistir criterios mínimos tanto sanitarios como educativos que todos os centros do país deberían cumplir sempre en liña das esixencias do Ministerio de Sanidade e da OMS.
Non é suficiente coa esixencia da máscara para os maiores de 6 anos, como propón o presidente da Xunta.

a) Deben acondicionarse as instalacións e adaptalas a situación sanitaria na que nos atopamos, a amplitude debe ser suficiente para garantir unha distancia de seguridade eficaz entre alumnos e non un metro entre centro de cadeiras proposto por educación que o que realmente supón é unha separación de 70cmts entre alumnos ( onde están os 1,5 mts esixidos por Sanidade e a OMS), limpeza adecuada, eficaz e constante dos centros educativos e o material sanitario e de limpeza suficiente e, por suposto, probas da Covid-19 a todos os docentes.
b) Disminución das ratios, o propio Simón recomenda 15-20 alumnos, aumento significativo das plantillas, medios suficientes e formación adecuada de alumnos, pais e profesorado ante a posibilidade non descartable da volta a Teleformación debido a unha situación sanitaria extrema. E imprescindible dispor dunha plataforma educativa e dunhas aulas virtuais seguras e eficaces que permitan chegar con garantias a todo o alumnado sexa cal sexa a súa condición economica, social e cultural. A administración debería ter aprendido do acontecido o curso pasado.