WEB - APERTURA DO PRAZO PARA REALIZAR AS SOLICITUDES DE PRESTAR SERVIZOS NUNHA OU EN VARIAS PROVINCIAS ASÍ COMO EN DETERMINADOS CONCELLOS
PRAZO do 16 de xullo ao 17 de agosto
1.- En primeiro lugar acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/substitutos.
2.- Identificarte no sistema co teu endezo de correo e o teu contrasinal.
3.- Se queres restrinxir provincias debes clicar en "Cubrir provincia" e confirmar aquelas nas que queiras cubrir substitucións. Se non indicas ningunha enténdese que estás disposto/a a cubrir substitucións en todas.
4.- Se podes solicitar zona educativa por estar nunha das causas recollidas no acordo de interinos:
Para atender o coidado un fillo menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.
Para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, e excepcionalmente ata o segundo grao.
Por enfermidade grave do propio docente
Por ter concedida unha bolsa de estudos
Por ampliación de estudos
Por ser vítima de violencia de xénero
Por calquera das circunstancias que permiten aos funcionarios públicos a concesión dos servizos especiais.
debes clicar en "Solicitar concello/s" e despois en "Nova solicitude" e seguir as instruccións indicadas. Neste caso hai que entregar a solicitude xunto coa documentación xustificativa nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de solicitude para prestar servizos en determinados concellos, é obrigatorio incluír na petición concellos en que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente.
Calquera destas opcións será por todo o curso académico.