DOG - RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF e FETE-UGT polo que se engade unha nova disposición transitoria ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo).
... A situación epidemiolóxica actual motivada pola COVID-19 desaconsella a aplicación de medidas con repercusións negativas nos intereses daquelas persoas que, por diversas circunstancias, decidan non presentarse a estes procedementos selectivos.
Por esta razón, engádese unha disposición transitoria terceira ao Acordo do 20 de xuño de 1995, coa seguinte redacción:
«Disposición transitoria terceira
O persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se realicen no ano 2021.