Ampliación de oficinas para solicitar Chave 365


09 Xun, 2020

WEB - Ampliación de oficinas para solicitar Chave 365

Ante as presións exercidas por ANPE Galicia a Consellería ven de publicar a seguinte nota informativa sobre ampliación de oficinas para solicitar Chave 365

Coa finalidade de facilitar a obtención da Chave 365 para as persoas que desexen inscribirse no dito procedemento selectivo, dende o mércores 10 de xuño amplíanse os puntos onde pode obterse a dita chave:

Servizos centrais da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: pode solicitarse nas dependencias da consellería sitas no Edificio Administrativo San Caetano, mediante cita previa solicitada a través do teléfono 981544488

A Coruña: pode solicitarse na Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita no Edificio Administrativo de Monelos, mediante cita previa solicitada a través do seguinte correo electrónico: persoal.coruna@edu.xunta.es

Lugo: pode solicitarse na Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Ronda da Muralla, núm.70, mediante cita previa solicitada a través dos teléfonos 982 294175 ou 982 294179
 

Ourense: pode solicitarse na Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita na Rúa Concello, núm.11, mediante cita previa solicitada a través dos teléfonos 988 386 660 ou 988 386 661

Pontevedra: pode solicitarse na Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Avda. Victoria Moreno, núm.43-7º, mediante cita previa solicitada a través do teléfono 986 805941