Orde pola que se prorroga o nomeamento da dirección de centros docentes públicos


05 Xun, 2020

DOGORDE do 27 de maio de 2020 pola que se prorroga o nomeamento da dirección de centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Con carácter xeral, prorrógase por un ano, ata o 30 de xuño de 2021.

A xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aceptará a renuncia á prórroga establecida no artigo 1 desta orde cando a persoa interesada alegue a obtención dun destino definitivo, con efectividade do 1 de setembro de 2020, e poderá aceptala cando se aleguen outras causas que se consideren xustificadas.

A xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá, excepcionalmente, non prorrogar o nomeamento da dirección prevista no artigo 1 desta orde, logo dos informes, agás casos excepcionais debidamente xustificados, do claustro de profesores e do consello escolar e, en todo caso, da Inspección educativa.

() no caso de cesamento da dirección durante o presente curso escolar, a xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional realizará o nomeamento accidental da dirección, ata o 30 de xuño de 2021.

Non será necesaria a audiencia do claustro de profesores nin do consello escolar para a realización das prórrogas establecidas no artigo 1 da presente orde.