Instrucións coas medidas para finalización de curso nas EOI


25 Mai, 2020

WEB INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE ADOPTAN MEDIDAS PARA A FINALIZACIÓN DO CURSO 2019-2020 NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS DE GALICIA

()

Segunda. Actividades de fin de curso

1. Quedan sen efecto os calendarios establecidos na Circular 1/2020 para a realización das convocatorias ordinaria e extraordinaria das probas de certificación nos meses de xuño e setembro, respectivamente. A tal fin, os equipos directivos deseñarán un plan de traballo do profesorado para o mes de xuño, que poderá incluír tarefas de atención telemática, asesoramento e orientación para o alumnado dos cursos de certificación, ademais da avaliación de progreso do alumnado oficial, presencial e a distancia, así como a realización das actividades de avaliación extraordinaria dos cursos intensivos do primeiro cuadrimestre.

2. Para a elaboración do dito plan contarase co asesoramento da inspección educativa, á que se lle remitirá unha copia deste.

3. Calendario das probas de certificación

O novo calendario de probas de certificación establecerase para cando as circunstancias sanitarias permitan a súa realización. A convocatoria ordinaria, tanto para o alumnado oficial como para o libre, non se realizará en ningún caso antes do mes de setembro.

Cuarta. Matrícula do alumnado libre

1. O proceso de matriculación para o alumnado libre, que quedou paralizado tras a declaración do estado de alarma, retomarase cando as circunstancias sanitarias o permitan. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa trasladaralles ás escolas o novo prazo de matrícula coa antelación suficiente, para que o fagan público a través das súas páxinas web e taboleiros de anuncios.

2. O alumnado xa matriculado poderá renunciar á matrícula, se así o desexa, e solicitar a devolución das taxas aboadas. Esta renuncia poderase formalizar ata quince días antes da data que se estableza para o inicio das probas.

()