ANPE esixe MEDIDAS de PROTECCIÓN SANITARIA e PROTOCOLOS de actuación claros


06 Mai, 2020

WEB - ANPE esixe medidas de protección sanitarias e protocolos de actuación claros así como, unha planficación rigurosa ante a anunciada volta aos centros educativos.

Tras a publicación no DOG de hoxe de medidas acordadas no Cecop para Galicia en diferentes ámbitos, encontrámonos que un deles é o educativo no que se recollen tres medidas importantes:

- prazo de admisión de alumnos, persoal nos centros educativos na fase 1 e  reanudación das FCT que aparecen polo medio do documento e non foron publicitadas na web da consellería (como si se fai con outros asuntos) cando menos o día anterior á publicación no DOG ou a primeira hora desta mañá.