WEB - INFORMACIÓN SOBRE as PROBAS FINAIS nas Escolas Oficiais de Idiomas
Seguindo as instrucións de fin de curso do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especiais da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, recibidas o 22 de abril de 2020:
1. Aprázase o calendario de probas de todos os cursos e niveis de todas as convocatorias ata que as probas poidan realizarse coas debidas garantías de seguridade, de acordo coas medidas que establezan as autoridades competentes. Isto aplicarase tamén aos calendarios de todas as probas establecidos polas escolas.
2. Amplíase o prazo para solicitar a renuncia. A data límite establecerase de acordo co novo calendario de probas. Esta renuncia non computará para os efectos de permanencia, tal como se establece no punto 7 da Circular 3/2019.
3. Con respecto ao alumnado libre, o prazo de matrícula reanudarase unha vez que finalice o estado de alarma, tendo en conta o novo calendario de realización das probas. O alumnado xa matriculado, que non poida realizar as probas nas novas datas que se establezan, poderá renunciar á matrícula e solicitar a devolución das taxas aboadas.
En canto á realización das probas finais dos cursos de linguaxe administrativa galega, están á espera das instrucións da Secretaría Xeral de Política Lingüística.