ANPE REXEITA ALONGAR O CURSO MÁIS ALÓ DO CALENDARIO ESTABLECIDO


14 Abr, 2020

WEBANPE REXEITA ALONGAR O CURSO máis aló do calendario establecido

Dende ANPE sostivemos dende o comenzo que o curso académico debe rematar nas datas establecidas, é dicir, no mes de xuño.

Os exames extraordinarios de alumnos e alumnas da ESO e  Bacharelato, con algunha materia suspensa, poden realizarse en setembro. 

Polo tanto, non estamos dacordo en que se prorrogue o curso máis alá desta data e se teñan que realizar actividades lectivas durante o mes de xullo. 

Despois do prolongado confinamento do noso alumnado é, cando menos, insensato decirlle que deberán voltar aos centros educativos. Non sería máis coherente deixarlles que recuperen as súas vidas e, sea situación pandémica o permite, que poidan desfrutar dunhas vacacións de verán? Ou ainda hai “expertos” que todavía non se enteraron de que nin o alumnado nin o profesorado estamos de “vacacións”? 

Recordaremos unha vez máis que uns e outros seguimos coa nosa xornada laboral telemática sí, pero realizando as nosas tarefas con gran esforzo segundo o calendario previsto para o curso, con acertos e erros porque é unha situación nova nun ambiente de inquedanza.

 O que se nos está trasladando por parte de docentes é que este traballo está sendo improbo ademáis de frustrante polas moitas casuísticas que están a vivir un número importante de alumnos e alumnas que non dispoñen dun entorno axeitado nin persoal nin material para xestionar esta situación excepcional e tan dura

E no caso do profesorado antes das vacacións terán que facer reunións preparativas de claustro e programacións para o curso seguinte. 

Debemos apostar porque empecen o curso 20/21 con enerxía renovada e que non se preocupen as familias, os expertos e mesmo a administración educativa galega, porque os docentes galegos somos uns excelentes profesionais, tal e como recolle o informe PISA 2020, e saberemos adaptar o dichoso “currículo” ás necesidades actuais para que os nosos alumnos e alumnas poidan progresar axeitadamente.

A nosa vocación está por riba de calquera interese como se vén demostrando nestes días: A EDUCACIÓN CONTINOU DENTRO DA EXCEPCIONALIDADE GRAZAS AO ESFORZO E DEDICACIÓN DOS DOCENTES.