O Goberno integra clases pasivas na Seguridade Social, cambio competencial e urxente?


24 Abr, 2020

NPO Goberno integra clases pasivas na Seguridade Social, cambio competencial e urxente?

Aproveitando o estado de alarma no que vivimos, o Goberno publicou o pasado 22 de abril un novo Real Decreto Lei, en concreto o RDL 15/2020 do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego.

A sorpresa e a incerteza xeráronse porque no seu articulado faise referencia a cambios na lexislación do Réxime de Clases Pasivas, en concreto competencias que antes correspondían á Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Facenda pasan agora a ser competencia do Instituto Nacional de Seguridade Social.

En principio estamos a falar dun cambio competencial e orgánico que de ningún xeito supón a desaparición do Réxime de Clases Pasivas. Determinados aspectos en materia de recoñecemento, concesión e pago de prestacións pasan a ser competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social. Isto afecta á idade de xubilación ou ao que cobraremos os pertencentes ao réxime para extinguir de clases pasivas? A día de hoxe NON.

Agora ben, o certo é que, como se mencionou ao principio, o Goberno aproveitando o estado de incerteza no que vivimos aproba un cambio normativo onde a urxencia do devandito cambio hai que poñela entre comiñas.

Se isto ten un transfondo que vai máis aló, verémolo co tempo, e se isto significa o principio dunha reforma tamén haberá que estar alerta.

ANPE defenderá en todo momento e cos medios dispoñibles ao seu alcance os intereses do colectivo de profesorado que pertence ao Réxime de Clases Pasivas para que non se vexan lesionados nin diminuídos os seus dereitos.