Celebrarase entre o 22 de xuño e o 10 de xullo en convocatoria ordinaria e antes do 10 de setembro en extraordinaria, segundo aprobou a Conferencia Sectorial de Educación.
O modelo de exame axustarase á excepcionalidade que supón o actual estado de alarma para non prexudicar ao alumnado.
Tamén se aprobou flexibilizar as prácticas de Formación Profesional e que se suspendan as probas de avaliación diagnóstica de 3º e 6º de primaria e 4º da ESO.