ANPE considera que non se debe obrigar ao profesorado a acudir aos centros educativos


12 Mar, 2020

WEB - ANTE A SITUACIÓN DE PARALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS, E Á ESPERA DE INSTRUCIÓNS POR PARTE DA CONSELLERIA, ANPE GALICIA CONSIDERA QUE NON SE DEBE OBRIGAR AO PROFESORADO A ACUDIR AOS CENTROS E APOSTA POLO TELETRABALLO.

ANPE considera conveniente que os docentes e o resto de persoal destes centros educativos deban cumprir coa súa xornada laboral habitual a través do sistema de teletraballo desde o domicilio particular; así se garante, aínda que sexa por medios non presenciais, a continuidade das actividades docentes e posibilitar que os alumnos poidan seguir con garantías suficientes os seus estudos e protexer aos grupos de risco, entre os que tamén se atopan os profesores con afeccións crónicas. Sen embargo, ANPE critica que non todos os centros educativos están preparados con estes medios nin todos os alumnos teñen conexión a internet ou dispositivos electrónicos nos seus fogares.
En calquera caso, desde ANPE Galicia consideramos que non se pode, en ningún caso, obrigar ao profesorado a acudir aos centros educativos.